A Escola do Espectador é unha forma de achegarse ao feito teatral para os espectadores aos que non lles é suficiente estar na súa butaca. Esta iniciativa está dirixida aos amantes do teatro que queiran ampliar a súa mirada: aprender a mirar, aprender a ver.
O FIOT pretende facilitar as claves que axuden á comprensión e á análise dos espectáculos, reparando nos distintos discursos que ten unha función de teatro: o textual, o xestual, o estético, a dirección e a interpretación.
Guiados por un experto en artes escénicas e a través dunha plataforma telemática achegarémonos ás propostas do festival.
Proximamente máis información.