Día
Sábado 19 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
90 minutos
Idade
A partir de 16 anos
Sobre o espectáculo
Un actor ansía que recoñezan a súa valía adxudicándolle papeis protagonistas. Mentres comparte cos espectadores algúns momentos dos seus ensaios, os clásicos visitan a escena e vanse mesturando cos acontecementos da súa propia historia. Os límites entre a ficción e a realidade comezan a desdebuxarse, e agora ata desconfía de quen escribe os acontecementos da súa propia vida. Que clase de personaxe somos nesta historia?
Cun ritmo vertixinoso, esta comedia, por momentos moi negra, móstranos a cara interna do teatro e retrata con acidez as relacións humanas e as frustracións contemporáneas, convidándonos a mirarse e buscar os límites propios.
Este espectáculo foi estrado no ano 2023 e converteuse nun verdadeiro fenómeno da carteleira de Bos Aires, recibindo diversos premios. Considerado como un das figuras máis relevantes do teatro arxentino da última década, o autor e director Dionisi, crea unha obra poética e conmovedora interpretada con paixón e virtuosismo por Roberto Peloni.
”El que dijo que nunca hay papeles menores es porque nunca le tocó uno.
Ficha
Intérpretación: Roberto Peloni
Deseño sonoro: Martín Rodriguez
Iluminación: Agnese Lozupone
Escenografía e vestiario: Micaela Sleigh
Autoría e dirección: Emiliano Dionisi