Día
Luns 11 de outubro 2023
Hora
18.00 h
Espazo
Auditorio Pazo da Cultura
Entrada
Libre ata completar aforo
Duración
50 minutos
Idade
A partir de 6 anos
Sobre o espectáculo
Cando coñeceu a Martiño, Gema soubo que a súa vida xa nunca sería igual. El é un moi introvertido, pero aínda que lle abonde un recuncho de parque para xogar, no seu maxín collen mil mundos, mil aventuras e algún que outro medo… Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá mergullarse con Martiño nunha aventura que remate no máis alto do Everest.
A amizade, a fraxilidade, e a comunicación son os temas deste segundo espectáculo inclusivo de A Trastenda dos Contos para persoas xordas e ouvintes, que conta por igual en lingua de signos e lingua oral. Nesta ocasión, a aposta da compañía para sensibilizar na integración e na igualdade de oportunidades conta co apoio do FIOT, preocupado tamén por manter un comportamento socialmente responsable e pola atención ás necesidade de todo o público.
”Para escoitar coas orellas e coas mans.
Ficha
Intérpretes e dramaturxia: Gema Santos e Caxoto
Deseño iluminación/son: Daniel García
Asesoramento en lingua de signos: Gema Santos
Escenografía: Banale
Adaptación artística: Marta Iglesias