Día
Sábado 18 de outubro 2025

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Terraza Cafetaría Pazo da Cultura

Capacidade
7-8 persoas

Duración
20 minutos

Público
Adulto

Unha cea de aniversario. Un home e unha muller. Un bar. Todo parece normal… ata que non o é. Ela non é ela, é unha cover. Unha substituta enviada por unha empresa que ofrece persoas para cubrir eventos sociais no lugar dos seus clientes.

A partir deste punto de partida absurdo, Covers mergúllanos nunha comedia tráxica sobre a despersonalización, a soidade e os límites da representación social. Porque quizais o que máis doe non é que nos substitúan… senón que ninguén note a diferenza.

Nesta versión especialmente creada para Metro Cadrado, o público convértese nun comensal máis desta situación surrealista. A intimidade do espazo e a proximidade coa acción fan que cada espectador sexa testemuña directa dun xogo de identidades, mentiras e soidades contemporáneas.

Somos quen dicimos ser? Ou só unha versión amable para os demais?

Interpretación: Emilio Bonome e Bea Sánvil

Participación especial: Laura Mariño (secundaria / dispositivo inmersivo)

Texto: Edgar Costas

Dirección: Laura Mariño