Gala de entrega de premios
Domingo 9 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura
Gala de entrega de premios
Domingo 9 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura
Sobre a actividade
As voces da rapazada levarán o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas.
Grazas á participación dos centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os máis pequenos e de favorecer a súa a iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada, continuamos con esta proposta que xa vai pola XXIV edición. A participación será mediante un arquivo de audio ou vídeo, coa gravación da lectura, polo que todos poderemos escoitar as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do festival.
O xurado seleccionará a unha ducia de grupos que gozarán da experiencia radiofónica nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, da dita gravación sairán os finalistas que volverán a realizar a súa lectura en directo na emocionante gala final, que se levará a cabo o 9 de novembro no auditorio do Pazo da Cultura, na que o xurado fallará os premios por un importe de 850 €.
E no faltará o peche coa tradicional chocolatada!
”Outros xeitos de facer teatro.
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Radio Nordés Cadena Ser e Libraría Brañas Verdes
Prazo de inscrición: Ata o 3 de outubro