Día
Domingo 05 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Entrada
5 €
Duración
50 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 6 anos)
Día
Domingo 05 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Entrada
5 €
Duración
50 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 6 anos)
Sobre o espectáculo
Un personaxe solitario, atrapado no seu propio universo, decide abrir as portas da imaxinación na procura de compañía. Criaturas inesperadas e sorprendentes obxectos cobrarán vida e acompañarán ao público por un poético camiño de emoción, sorpresas e risas.
O circo fusiónase coa arte das marionetas e do teatro de obxectos, e este peculiar personaxe descubriranos como o invisible se volve tanxible e como o imposible se transforma nun xogo compartido de fermosas e máxicas imaxes.
Detrás desta creación está Jesús Velasco Otero, artista multidisciplinar, malabarista e clown de gran destreza técnica e cunha ampla traxectoria en compañías galegas, nacionais e internacionais. Fascinaranos pola súa capacidade de trasladar ao escenario o seu mundo interior cun selo inconfundible de fraxilidade, creatividade, precisión e tenrura.
”Déixate levar pola beleza e o humor a un universo onírico.
Ficha
Intérprete e creación: Jesús Velasco
Vestiario: Alicia Tojo
Arranxos sonoros: Javier Lemus
Iluminación: Rafael Díaz Ramírez
Deseño escenografía: Jesús Velasco
Escenografía: CruLe Productions
Dirección: Jorge Jiménez e Jesús Velasco