Día
Venres 3 de outubro 2025

Hora
23.00 h

Espazo
Valle Inclán Café

Entrada
5 €

Público
A partir de 16 anos

Pasen e vexan: esta muller que está no centro do escenario era unha nena adorable que alegraba ás veciñas coa súa ledicia. Aos corenta anos, aquela criatura que o tiña todo para ser feliz, sube ao escenario para confesar que a cousa non foi tan sinxela. Porque si, ás veces unha toma decisións que a levan por camiños inesperados… e remata facendo rir nun cabaré con alma de monólogo.

Narración, improvisación e cabaré. Chegar e encher é un canto ao fracaso e un divertido e ácido monólogo teatral sobre a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados e a imposibilidade de controlar as nosas vidas.

Este é o segundo monólogo para adultas de Bea Campos, actriz, narradora e presentadora. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérica.

IMPORTANTE! Este espectáculo é accesible en lingua de signos grazas ao equipo mixto formado por Gema Santos (inérprete) e Ruth Lovera (asesora lingüística xorda).