Día
Sábado 26 de outubro 2024
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
12 €
Duración
90 minutos
Idade
A partir de 15 anos
Sobre o espectáculo
Meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, voume atrever a miralo e vou intentar perdoar. E vouno facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será meu pai, será un posible pai, un que si queira sentarse nun teatro a conversar.
Esta versión-simulacro é unha autoficción a partir dun clásico (ou un clásico autoficcionado) que investiga os cruces entre ficción e realidade para reflexionar sobre a paternidade, o amor e o perdón, nun brillante exercicio teatral tan valente como lúdico. Unha porta aberta para pensar sobre como nos relacionamos cos nosos pais, tanto os biolóxicos como os metafóricos, mesmo o propio Shakespeare, abordando a influencia do pasado e como os que nos preceden nos constrúen.
Na adaptación contemporánea do Rei Lear de Shakespeare, teatro e performance mestúranse con humor e tenrura nunha proposta irreverente e innovadora, emocionante e intensa que abre un espazo de encontro con toda unha xeración de actores e homes, permitindo unha profunda reflexión sobre as relacións humanas e os roles paternos.
Aínda que estreada recentemente, converteuse nunha das pezas revelación da temporada en España, A súa creadora é Andrea Jiménez, un valor en alza da creación escénica actual, directora de obras para importantes institucións teatrais e galardoada con premios como o Ojo Crítico de Teatro no 2019 pola compañía Teatro en Vilo, da que é fundadora.
”Vou ser Lear eu tamén, e como el coas súas fillas, vou facer un casting; un casting de pais.
Andrea Jiménez
Ficha
Intérpretes: Andrea Jiménez e Juan Paños xunto a un actor diferente cada noite
Deseño de vestiario: Yaiza Pinillos
Espazo sonoro: Lucas Ariel
Deseño de iluminación e escenografía: Judit Colomer
Movemento: Inés Narváez e Amaya Galeote
Asesoría dramatúrxica: Olga Iglesias
Creación e texto: Andrea Jiménez
Dirección: Andrea Jiménez e Úrsula Martínez