Día
Venres 27 de setembro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Valle Inclán Café

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Unha metáfora nada metafórica sobre os pequenos fracasos, esas cagadas das que ninguén está libre e que deixan detrás un ronsel de recendentes historias que merecen ser contadas.

Con motivo da XXV edición da Rúa dos Contos, Candido Pazó regresará ao teatro a pé de barra para presentarnos en primicia Cagadas, o seu novo espectáculo de humor no que atoparemos un feixe de historias cheas de risas e retranca que non deixarán indiferentes ás persoas que teñan o privilexio de escoitalas.

Ademais de mestre da narración oral, Pazó é un dos dramaturgos galegos de referencia, que desenvolveu boa parte da súa carreira en compañías propias, ben coñecidas polo público carballés como Ollomol Tranvía ou actualmente Contraproducións. O seu traballo como director, autor e actor, compleméntase coa súa faceta de narrador oral, unha actividade escénica na que é moi activo. As súas pezas acadaron varios premios Max e numerosos María Casares, e, entre outros galardóns, Cándido é  Xograr de Outono do FIOT e Premio da Cultura Galega.