Día
Venres 27 de setembro 2024

Hora
18.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Entrada
Entrada gratuíta

Duración
45 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

O contador de historias Pablísimo regresa cun novo e emocionante espectáculo: Cabicivai. Subido nunha bicicleta cargada de contos, leva as súas historias de acó para aló, facendo que a maxia aconteza en cada pedalada. E non vén só! Trae consigo un Kamishibai e tres misteriosos caixóns dos que pode saír calquera cousa!

Con máis de vinte anos de experiencia e máis de vinte espectáculos ás súas costas, Pablísimo sabe mesturar a narración oral, os monicreques, a música en vivo e o teatro de sombras para crear un show único e inesquecible a partir de contos propios, clásicos e contemporáneos, cheos de imaxinación, risas e sorpresas, para facer gozar a grandes e pequenos.

Aventuras e risas sobre rodas.

Ficha

Intérprete: Pablo Sánchez