Día
Xoves 2 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
5 €
Público
Adulto (+ de 14 anos)
Día
Xoves 2 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
5 €
Público
Adulto (+ de 14 anos)
Sobre o espectáculo
Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que veñen da man, un detrás do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos á boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poesía e música. Un lugar onde a tradición non é pasado, senón presente que latexa.
As narradoras Atenea García e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en galego. Coa pandeireta n man, neste ano no que conmemoramos a ás cantareiras e a todo o legado da transmisión oral da man de mulleres traen á escena un espectáculo para poñer a palabra no centro, o idioma na boca e as mulleres na voz.
IMPORTANTE! Este espectáculo é accesible en lingua de signos grazas ao equipo mixto formado por Gema Santos (inérprete) e Ruth Lovera (asesora lingüística xorda).