Día
Venres 26 de setembro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)
Duración
40 minutos
Público
Todos os públicos
Día
Venres 26 de setembro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)
Duración
40 minutos
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
A cama elástica toma vida propia entre as tolemias, os xogos e as acrobacias do seu protagonista e o circo más clásico fusionarase coas culturas urbanas a través do baile, a música e o turntablism (scratch con vinilo). Unha viaxe ao pasado inspirada en pioneiros da cama elástica onde a simplicidade e a inocencia son claves. Humor, poesía, ritmo e carambolas.
A cama elástica non será só un elemento acrobático, senón tamén un obxecto co que interaccionar, un elemento xerador de ingravidez e deformador do cotiá. A creación sonora en directo fai da música un motor vivo da acción e intégrase co movemento.
O acróbata, artista e formador Angel de Miguel conta cunha ampla experiencia internacional. Funda esta compañía no ano 2017 coa vocación de crear unha linguaxe polivalente arredor da cama elástica e de reivindicala como disciplina central do circo actual. É un proxecto independente e persoal que conxuga o risco e a calidade técnica do circo tradicional coa expresividade e virtuosismo do contemporáneo.
”Acrobacias, música e humor sobre unha cama elástica que cobra viva.
Ficha
Intérprete e acróbata, e idea orixinal: Ángel de Miguel García
Vestiario: Rocío B. Reyes
Escenografía: Benet Jofre e Planeta Trampolí
Dirección: Planeta Trampolí