Día
Sábado 27 de setembro 2025

Hora
23.00 h

Espazo
A Estación

Entrada
5 €

Público
Público adulto

Atroz non é só un show de stand-up comedy: É a verdade crúa dun pai moi peculiar, contado desde o absurdo e o humor máis negro. Malabares con historias que nos fan rir pero tamén pensar, desde as peripecias da paternidade ata as pequenas tolemias da vida cotiá -si, admite que as mellores ideas lle veñen “elixindo kiwis no Mercadona”. Humor que conecta con todo tipo de público.

Darío Mares, cómico de cine e mestre dos resumos máis disparatados de pelis, guionista e actor de dobraxe, leva anos conquistando públicos co seu descaro único. Actualmente forma parte do elenco de Las Noches del Club de la Comedia.