Día
Domingo 18 de outubro 2026
Hora
18.00 h
Espazo
Centro Social de Verdillo
Duración
70 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Día
Domingo 18 de outubro 2026
Hora
18.00 h
Espazo
Centro Social de Verdillo
Duración
70 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Sobre o espectáculo
Isabel Risco volve meterse na pel da súa personaxe máis coñecida e querida: Nabiza Girl.
Desta volta, a nosa superheroína enfróntase a un dos seus maiores retos: combater a desaparición progresiva da cultura galega. Conseguirá, cos seus superpoderes e unha gran dose de retranca, vencer ás forzas do mal unha vez máis?
Unha aventura trepidante e divertidísima, na que Nabiza Girl recunca no seu compromiso coa nosa cultura, a igualdade e o noso idioma.
En O Estraño Caso da Cultura Minguante, Nabiza Girl contará coa colaboración de Don Galizo, un axudante, interpretado por Alberte Bello, que porá todo tipo de atrancos cómicos.
Actriz, clown e creadora, Isabel Risco é unha das figuras máis recoñecibles do humor galego, cunha ampla traxectoria no teatro e na televisión.
”Unha aventura trepidante e divertidísima, na que Nabiza Girl recunca no seu compromiso coa nosa cultura, a igualdade e o noso idioma.
Ficha
Idea orixinal: Isabel Risco
Dirección: Fran Rei
Guión: Isabel Risco, Carlos Ares, Fran Rei
Elenco: Isabel Risco e Alberte Bello
Escenografía e atrezzo: Isabel Risco e Suso Montero
Coreografías e movemento escénico: Estefanía Gómez
Vestiario: Isabel Risco
Iluminación e son: Javier A. Ayude
Imaxe cartaz e vídeo promo: Carlos Babío
Tipografía cartaz: Manel Cráneo
Comunicación: Alberto Ramos
Coordinación: Marta Horjales