Datas
17 ao 31 de outubro 2026

Espazo
Pazo da Cultura

Público
Acceso libre

Manuel Lourenzo forma parte da nosa prezada comunidade de honra, os Xograres de Outono do FIOT. É unha das figuras imprescindibles para entender o teatro galego contemporáneo e un dos seus representantes máis ilustres. Prolífico autor de máis de 300 pezas teatrais, actor, director, investigador e mestre de varias xeracións de profesionais da escena, a súa traxectoria atravesa a historia recente do noso teatro.

Cando se cumpre un ano do seu falecemento, ButacaZero organiza uns actos na súa lembranza, e o Fiot súmase a esta conmemoración.

A través da exposición Manuel Lourenzo. A pegada que continúa, convidámolos a descubrir e celebrar a memoria deste creador, achegándonos emocionalmente a esta figura poliédrica. Esta pequena mostra está concibida polo director teatral Xavier Castiñeira, con diversas colaboracións e o fondo bibliográfico da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da UDC.

Completaremos este achegamento ao seu impacto humano, teórico e práctico compartindo reflexións colectivas nunha conversa dirixida por Xavier Castiñeira con profesionais que forman parte da súa herdanza cultural como a carballesa Alba Bermúdez, entre outras.

Conversa arredor do mestre Manuel Lourenzo: sábado 24 de outubro, 18.00 h.