Sobre a actividade

O domingo 8 de outubro, pola mañá, terá lugar a celebración da primeira edición da Ruta do Xestal, unha andaina creada en colaboración coa Asociación Ambiental Senda Nova (no marco do programa Outono en marcha. Sendeirismo en Bergantiños). A actividade, de baixa dificultade e duns 4,3 km, segue os pasos do espazo vital no que residiu O Xestal, e contará coa participación da Aula Municipal de Teatro de Carballo. Os horarios de saída do roteiro serán as 09.30 horas (Laracha e Coristanco) e 09.45 horas (da rúa Venezuela carballesa). A inscrición é gratuíta, mais as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden obter máis información sobre a camiñada ou realizar a súa inscrición previa a través do web www.sendanova.org ou do teléfono 611 037 617.

En colaboración coa: Asociación Ambiental Senda Nova