Día
Sábado 25 de outubro 2025

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Coworking Sol Espazo artístico (Rúa Sol, nº 46)

Capacidade
15 persoas

Duración
15 minutos

Público
A partir de 12 anos

Alicia ten 15 anos, problemas coas drogas e acaba de ser expulsada dun centro de menores. Juana, súa nai, loita por mantelas a flote nun sistema que xa as puxo fóra do taboleiro. Esta peza interroga ao público: Que farías ti, no seu lugar?

“Alicia Wants To” é unha historia de exclusión, violencia institucional e resistencia. Inspirada en casos reais, nun clásico literario, no cinema e en múltiples investigacións, a obra propón unha reflexión profunda sobre a xustiza patriarcal, a marxinación e a (im)posibilidade de escolla nunha sociedade desigual.

Constrúese como unha partida de xadrez: Alicia non ten todas as pezas. Non parte do mesmo lugar. O público decide os movementos. Cada función é distinta, cada final, tamén.

Unha proposta escénica contemporánea, creada especificamente para este formato, cunha dramaturxia completa e autónoma.

Que temos que facer para poñer a marxe no centro?

Interpretación: Andrea Maseda, Estrella Tomé, Estela del Río, Alexia Villar

Técnica: Jorge Castro

Dramaturxia e dirección: An González