Día
Xoves 25 de setembro 2025

Hora
21.00 h

Espazo
Mesón do Pulpo

Entrada
5 €

Público
Público adulto

Hai quen dura vinte e cinco minutos no escenario. Outros, vinte e cinco funcións. Pepo Suevos leva vinte e cinco anos facendo rir, pensar e rillar a retranca coma quen rilla polbo na súa salsa. E se cumprir anos é cousa seria… hai que celebralo!

A Rúa do contos gáñalle en antigüidade por un ano e as nosas traxectorias mesturáronse en varias ocasións, polo que merecemos que realice unha parada especial deste maratón humorístico por Galicia e a estrea da que foi a súa aventura no medio do camiño, nun local perfecto para xuntar palabra e petisco.

Pepo Suevos é un todoterreo, actor, guionista e monologuista capaz de combinar o humor máis intelixente co máis “brutallán”.

Prepárate para 75 (ou 90, segundo lle dea) minutos de humor feito na casa, con anécdotas, historias e verdades como puños, onde o teatro, a vida e a risa mestúranse coma o viño e a ghaseosa: entra fácil e queda fondo.