Skip to main content
Novas

O XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” do FIOT xa ten finalistas

By 06/11/2025No Comments

A Gala Final do certame terá lugar este domingo, 9 de novembro, ás 18.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros

O acto, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, estará presentado por Brais Hortas, que amenizará tamén o evento cun espectáculo para público familiar, mentres que, a continuación, terá lugar unha chocolatada para todo o alumnado participante

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, vén de anunciar os 6 grupos finalistas do XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”. O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a segunda fase e logo das oportunas deliberacións, acordaron seleccionar para a súa lectura na Gala Final os seguintes grupos:

Na 1ª categoría (Educación Infantil e Primaria):

Na 2ª categoría (Educación Secundaria):

  • EQUIPO ANTIMETA, do IES Eduardo Pondal, coa obra O interrogatorio.
  • INVISIBLES, do IES Monte Neme, coa obra Ícaras.
  • OS TOXOS, do IES Monte Neme, coa obra Hai un punto que me doe.

Este domingo 9 de novembro, ás 18.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a Gala Final, xunto a toda a rapazada participante desta edición (arredor de 150 nenas e nenos). Na gala, os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e terá lugar a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas Verdes.

O acto estará presentado por Brais Hortas, quen, ademais de ser o mestre de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación, terá lugar unha chocolatada para todas e todos as e os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.

EMISIÓN DAS PEZAS EN RADIO NORDÉS

Un total de 23 grupos de 12 centros educativos de Carballo, A Laracha, Laxe, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños participaron neste 2025 no XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís do FIOT. O xurado preseleccionou 12 grupos para gozar da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, saíron os 6 finalistas nas dúas categorías agora anunciados.

As 12 pezas seleccionadas para a experiencia radiofónica emitiranse ao longo deste mes de novembro no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés entre as 13.00 e as 14.00 h dos seguintes días:

  • Luns 3 de novembro: Arden os montes
  • Mércores 5 de novembro: Lindaflor
  • Venres 7 de novembro: O cogomelo Agarico
  • Luns 10 de novembro: O fol avarento
  • Mércores 12 de novembro: Carapuchiña, Carapuchona e Lobo Lobito
  • Venres 14 de novembro: Hai un punto que me doe
  • Luns 17 de novembro: Lúa ouriñou no xardín
  • Mércores 19 de novembro: Ícaras
  • Venres 21 de novembro: Medo me dá
  • Luns 24 de novembro: O interrogatorio
  • Mércores 26 de novembro: Axudando ao bosque
  • Venres 28 de novembro: Por que dorme a Bela Dormente?

VER TODOS OS VÍDEOS PARTICIPANTES EN YOUTUBE

SOBRE O CONSURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO MANUEL EIRÍS

Esta é unha proposta moi especial do FIOT para facer teatro doutro xeito, que conta xa con 24 edicións ás súas costas. Grazas a este certame, as voces da rapazada levan o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas.

Co apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os/as máis pequenos/as e de favorecer a súa iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada, neste 2025 o FIOT continúa con esta proposta que xa vai pola XXIV edición. En consonancia cos novos tempos, a participación foi mediante un arquivo de vídeo coa gravación da lectura, para que todos/as os/as interesados/as poidan ver escoitar e ver as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do festival.