O Pazo da Cultura de Carballo acolleu o domingo 14 de novembro a emocionante gala de entrega de premios do concurso escolar XX Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, no que participaron 24 grupos de distintos centros escolares da comarca.
Os grupos finalistas leron diante do público as súas pezas nunha cerimonia que contou co actor Fran Rei como presentador. Na categoría de infantil e primaria, o primeiro premio foi para a o grupo Xoaniña, de 3º de EP do CEIP Canosa-Rus, pola peza O exemplo a seguir. En segunda posición quedou O conto dos sete medos, do grupo Os Cristinateiros, tamén de 3º de EP, mais neste caso do CEIP Plurilingüe A Cristina.
No caso da cateogría de secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio, o grupo Areeiras do CPI Cabo da Area de Laxe, resultou gañador coa súa proposta Segredos abertos. O segundo finalista foi o grupo Calcetíns, do IES Alfredo Brañas de Carballo, coa peza Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas.
Moitos parabéns a todas e a todos! Escoitámonos na vindeira edición!