Skip to main content

A actividade, baixo o título “As artes escénicas profesionais e os públicos: do concepto do espectador ao de comunidade arredor da escena”, desenvolveranse de 9.30 a 18.30h no Salón de Actos do Pazo da Cultura, no marco da celebración da 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo

O evento, que conta co financiamento da Deputación da Coruña, a colaboración e o patrocinio do FIOT e o Concello de Carballo e o patrocinio de Cafés Candelas, é de balde, con inscrición previa a través da páxina web www.escenagalega.gal

As Xornadas Profesionais de Escena Galega 2024 propoñen un total de cinco mesas redondas de conversa  e debate en torno ao concepto dos públicos, pero, tamén, dos non públicos e de como achegarnos a eles e a elas, con recursos e estratexias dende a mediación ata a comunicación cultural

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, acolle mañá martes, 22 de outubro, as Xornadas Profesionais de Escena Galega 2024. A actividade, baixo o título “As artes escénicas profesionais e os públicos: do concepto do espectador ao de comunidade arredor da escena”, desenvolveranse de 9.30 a 18.30h no Salón de Actos do Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n), no marco da celebración da 33ª edición do festival. As xornadas, que contan co financiamento da Deputación da Coruña, a colaboració e o patrocinio do FIOT e o Concello de Carballo e o patrocinio de Cafés Candelas, é de balde, con inscrición previa a través da páxina web www.escenagalega.gal.

As Xornadas Profesionais de Escena Galega 2024 propoñen un total de cinco mesas redondas de conversa  e debate en torno ao concepto dos públicos, pero, tamén, dos non públicos e de como achegarnos a eles e a elas, con recursos e estratexias dende a mediación ata a comunicación cultural. As sesións centraranse nas eivas para o sector, reflexionando sobre como achegar, nesta sociedade multipantalla e multicanal, a información sobre a escena galega profesional dun xeito efectivo e directo. Tamén da necesaria, e apenas desenvolvida en Galicia dun xeito global, relación entre a escena e a escola, con accións para escolares diversas que vaian máis alá da exhibición de espectáculos e sirvan para crear públicos de futuro.

Ao longo das cinco mesas proxectadas para o día, as persoas asistentes poderán reflexionar sobre as distintas perspectivas e realidades dos públicos das artes escénicas e cuestións vencelladas á mediación, á escena -tanto amadora como profesional-, o medio rural, o ámbito educativo ou a comunicación cultural.

PROGRAMA