Skip to main content
Novas

O circo contemporáneo, o clown, as Residencias Paraíso, as micro-escenas e a estrea en Galicia de ‘Yo solo quiero irme a Francia’ protagonizan unha nova fin de semana no FIOT

By 22/10/2025No Comments

Este xoves, 23 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, o actor e bailarín galego Bal Castro presentará o work in progress do seu proxecto Instinto Desexo, no marco das Residencias Paraíso 2025 do Colectivo RPM

Tamén o xoves 23, de 16.00 a 20.00 horas, a Deputación da Coruña organiza no marco do #FIOT34 as xornadas ‘Cultura para todas: acceso e inclusión nas actividades culturais’

O Programa de Sala do FIOT achegará ao público a estrea en Galicia da nova aventura escénica de Contraproducións: Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana, Alicia Armenteros, Nieves de Medina e Anna Mayo, que poderá verse no Auditorio do Pazo da Cultura o sábado 25, ás 20.00h

Antes da función, haberá un Café con… aberto a todos os públicos, no Salón da TV do Pazo da Cultura, o sábado 25, ás 17.45 horas

 O OTNI chegará o domingo 26, contra ás 20.00 horas, a golpe do mellor circo contemporáneo con Masa madre, da Cía. CAÍ, unha proposta poética con técnicas aéreas, teatro físico e texto que explora o destino humano

Pola súa banda, o FIOT en Ruta achegará ao Centro Social de Verdillo a obra Absurdia, de The Momento Impro, o domingo 26, ás 18.00 horas

O circo contemporáneo, o clown, as Residencias Paraíso, as micro-escenas e a estrea en Galicia de Yo solo quiero irme a Francia protagonizan unha nova fin de semana no FIOT. Para abrir boca, este xoves, 23 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, o actor e bailarín galego Bal Castro presentará o work in progress do seu proxecto Instinto Desexo, no marco das Residencias Paraíso 2025 do Colectivo RPM. Instinto Desexo é un proxecto de corte autobiográfico no que o creador fala da capitalización do seu corpo e do seu erotismo, da utilización da súa imaxe como principal medio para conseguir ser validado, sendo o sexo a súa moeda de cambio.

Tamén o xoves 23, de 16.00 a 20.00 horas, a Deputación da Coruña organiza no marco do #FIOT34 as xornadas ‘Cultura para todas: acceso e inclusión nas actividades culturais’, con inscricións de balde.  Pola súa banda, o Programa de Sala do FIOT achegará ao público a estrea en Galicia da nova aventura escénica de Contraproducións: Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana, Alicia Armenteros, Nieves de Medina e Anna Mayo, que poderá verse no Auditorio do Pazo da Cultura o sábado 25, ás 20.00h. Antes da función, o elenco e a produtora de Yo solo quiero irme a Francia participará nun Café con… aberto a todos os públicos, no Salón da TV do Pazo da Cultura, o mesmo sábado 25, ás 17.45 horas.

Mentres, o OTNI chegará o domingo 26, contra ás 20.00 horas, a golpe do mellor circo contemporáneo con Masa madre, da Cía. CAÍ, unha proposta poética con técnicas aéreas, teatro físico e texto que explora o destino humano. Pola súa banda, o FIOT en Ruta achegará ao Centro Social de Verdillo a obra Absurdia, de The Momento Impro, o domingo 26, contra ás 18.00 horas.

O FIOT despedirase da VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2 coa representación de dúas novas creacións o sábado 25: Alicia Wants To, de Bengala Teatro Físico; e Gracias por su visita, de Uxía Algarra, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30h, en Sol Espazo Artístico e no Pazo da Cultura, respectivamente. A entrada é gratuíta pero, dadas as limitacións de espazo, recoméndase facer a reserva no correo electrónico 📧 fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto).

Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz.

As últimas entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña en Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función.