Mahou Cinco estrellas patrocina as sesións de mercado da Rúa dos Contos da edición número 28 do FIOT. No segundo andar do Mercado Municipal habilitarase unha barra onde o público asistente poderá comprar cervexa Mahou e auga.
Nesta edición do Festival Outono de Teatro propoñemos para o Mercado Municipal dúas ofertas de grande éxito. O domingo 29 de setembro, ás 20h, Carlos Blanco chega con “Os mellores monólogos”, onde o humorista galego fará un repaso polo mellor da súa traxectoria. As entradas xa están esgotadas.
O sábado 5 de outubro, ás 23h, chega Rodrigo Cuevas con “Trópico de Covadonga”. O asturiano achegará toda a provocación co seu novo espectáculo, que será unha estrea en Galicia. As entradas xa están á venda a 5 euros. Tamén se poderán adquirir, baixo dispoñibilidade, no propio mercado o día da función desde 90 minutos antes.