
Este domingo, 9 de novembro, tivo lugar a gala final do XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’ onde os seis grupos finalistas volveron interpretar as súas pezas teatrais para determinar a orde dos grupos gañadores.
O acto estivo presentado por Brais das Hortas, quen tamén amenizou o evento cun espectáculo destinado a público familiar. O xurado valorou de novo as pezas finalistas e procedeu á entrega de premios, valorados en 850 euros. A continuación tivo lugar unha chocolatada para todos os escolares participantes e as súas familias.
Aquí che deixamos a lista de grupos gañadores.
1ª categoría (Infantil e Primaria)
1º premio (200 euros): XOANIÑA, do CEIP A Canosa-Rus, coa obra Arden os montes.




2º premio (150 euros): OS CRISTINATREIROS, do CEIP A Cristina, coa obra Medo me dá.

Accésit (75 euros): OS CHIMPÍNS, do CPR Artai, coa obra Axudando ao bosque.



2ª categoría (ESO e Bacharelato)
1º premio (200 euros): INVISIBLES, do IES Monte Neme, coa obra Ícaras.

2º premio (150 euros):EQUIPO ANTIMETA, do IES Eduardo Pondal, coa obra O interrogatorio.


Accésit (75 euros): OS TOXOS, do IES Monte Neme, coa obra Hai un punto que me doe.



O certame contou de novo coa colaboración de Radio Nordés Cadena Ser e coa achega económica da Libraría Brañas Verdes para os seis premios (importes destinados a libros e material didáctico). O FIOT quere agradecer a implicación dos centros educativos e do profesorado nesta iniciativa que ten como obxectivo promover o teatro entre os máis pequenos da casa e adolescentes.





