Xa coñecemos os grupos finalistas do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Nesta edición presentáronse un total de 25 grupos: 13 grupos na categoría 1ª (Primaria) e 12 grupos na categoría 2ª (institutos). Os vídeos pódense ver na nosa canle de Youtube.
O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a 2ª fase e logo das oportunas deliberacións, acordan seleccionar para a súa lectura na gala final do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” aos seguintes grupos:
Na 1ª categoría:
– Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina de Carballo coa obra ‘Cataventos e Cía’
– Bastidores, do CPR Artai de Carballo coa obra ‘Nunca é a gusto de todos’
Na 2ª categoría:
– Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas de Cabana, coa obra ‘Na oficina de obxectos perdidos’
– Contadores de Contos, do IES Alfredo Brañas de Carballo, coa obra ‘Contos para ser escoitados’
Este domingo, 12 de novembro, ás 18h no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final presentada pola clown Pajarito, que tamén ofrecerá un espectáculo destinado a público familiar. Os grupos finalistas volverán intepretar as súas pezas teatrais e realizarase a entrega de premios nas dúas categorías. Tamén haberá unha chocolatada para as persoas asistentes.