Skip to main content
Novas

Cancelación da función de ‘14.4’ no #FIOT34 este venres 24 de outubro por causas alleas ao festival

By 21/10/2025No Comments

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo lamenta comunicar a cancelación, por causas de forza maior alleas ao festival, do espectáculo dirixido por Sergio Peris-Mencheta 14.4, cuxa representación no Pazo da Cultura estaba prevista para este venres, 24 de outubro, no marco do Programa de Sala do #FIOT34.

A produtora do espectáculo, Barco Pirata, comunicou á organización do festival a imposibilidade de representar a función a causa dunha baixa médica do intérprete protagonista, Ahmed Younoussi. Esta baixa supón a cancelación da xira do espectáculo ata o 21 de novembro debido á incapacidade temporal do actor, segundo pode consultarse no seguinte comunicado, emitido con data de hoxe pola propia produtora da obra.

Nos vindeiros días, a plataforma Ataquilla.com procederá ao reembolso das entradas adquiridas para a función de 14.4 por parte do público xeral e dos abonados do FIOT. O reembolso efectuarase pola mesma vía na que o pago foi realizado.

O FIOT lamenta a situación e convida a todos os públicos a seguir gozando co resto de propostas escénicas que aínda quedan por ver en Carballo nesta 34ª edición do festival.

Para calquera consulta, o FIOT pon a disposición do público o correo electrónico info@fiot.gal.

Grazas polo voso apoio e comprensión!

 

Raíz viva, memoria colectiva.

Carballo é raíz, Carballo é teatro.

Agardámosvos no FIOT!