Día
Venres 9 de outubro 2026

Hora
19.30 h

Espazo
Parque do Anllóns

Duración
45 minutos

Público
Todos os públicos

Quen doma a quen? Esa é a pregunta que atravesa esta creación de circo contemporáneo.

Con troncos e táboas vaise construíndo pouco a pouco un enorme ser en equilibrio, unha escultura viva que desafía a física e a mirada do público.

Inspirada nun imaxinario mitolóxico, asistimos á viaxe de transformación do seu protagonista, obsesionado con controlar todo o que está ao seu arredor, pero que acaba descubrindo que a verdadeira forza nace do equilibrio compartido. Con música ao vivo e coa colaboración do público no movemento das estruturas que dan vida ao espectáculo, Domte cabalga facendo equilibrios entre minotauros e cabalos de Troia, desde a quimera ata a liberdade máis delirante.

Creado e interpretado por Nacho Flores, a obra afonda na singular linguaxe da compañía, que combina escultura, equilibrio, teatro físico e circo contemporáneo para crear imaxes de gran forza poética e visual.

É unha peza hipnótica, poética, visual e cómica, tan delicada como espectacular, que celebra a colaboración colectiva fronte á dominación individual.

Doy la cara al enemigo,
la espalda al buen comentario,
porque el que acepta un halago
empieza a ser dominado,
El hombre le hace caricias al caballo,
pa’ montarlo.

Facundo CabralNo soy de aquí, ni soy de allá

Intérpretes: Nacho Flores, Céline Vitrolles / Roc Sala

Vestiario: Maite Martín

Construción de escenografía: Uli Weigel, Jeremías Fanjul e Jaume Valls

Espazo sonoro: Roc Sala e Céline Vitrolles

Autoría: Nacho Flores

Dirección: Gary Shochat e Nacho Flores