Día
Domingo 18 de outubro 2026

Hora
18.00 h

Espazo
Centro Social

Duración
70 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

A superheroína galega regresa acompañada do seu inseparable Don Galizo para enfrontarse a unha nova misión: salvar a cultura.

Nesta odisea, Isabel Risco e Alberte Bello mergúllannos nunha sucesión de situacións disparatadas nas que se servirán do humor, da retranca e da sátira para reivindicar o feminismo, a lingua ou o noso medio.

Unha comedia valente, irreverente e chea de gargalladas que confirma o regreso dunha das heroínas máis singulares e queridas do teatro galego.

Actriz, clown e creadora, Isabel Risco é unha das figuras máis recoñecibles do humor galego, cunha ampla traxectoria no teatro e na televisión.

Pensabades que Nabiza Girl morrera, pero estaba de parranda!

Interpretación: Isabel Risco, Alberte Bello

Dirección: Fran Rei