Día
Venres 2 de outubro 2026

Hora
23.00 h

Espazo
Casino 1889

Público
Adulto (+14 anos)

Verso e combate. Activista da palabra armada e creadora de reguetón feminista, a súa palabra pódese volver salvaxe. A poesía pode chegar a calquera público. E ser un refuxio.

Lúa Mosquetera sobe ao escenario cunha palabra que nace da necesidade de nomear o mundo. Feminismo, precariedade ou empoderamento atravesan un recital onde o “spoken word” -a medio camiño entre o rap e a poesía recitada- convive coa música de Pablo Seijas, creando un espazo emocionante e íntimo para deterse, escoitar e deixar que o tempo pase.

Campioa da Poetry Slam de Compostela e Premio ARitmar, Mosquetera está consolidada como unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea.

Intérpretes: Lúa Mosquetera e Pablo Seijas