Día
Sábado 24 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Sweet Spirit Moda Infantil (Valle-Inclán, 14)

Capacidade
10 persoas

Duración
20 minutos

Público
Público Adulto

Unha alieníxena chega á Terra cun soño: converterse nunha superestrela do pop. Dúas investigadoras moi fanáticas conseguen recompoñer a súa historia, e agora compártena co mundo.

A través da comedia, de actuacións musicais, do teatro-documento e da tecnoloxía percorren o camiño da extraterrestre na Terra e os obstáculos cos que se atopa: desde a precariedade da industria musical, ata a adaptación aos costumes terrestres ou a necesidade de conservar un traballo.

Esta é a primeira peza de creación propia da compañía emerxente Aterradas, que nos ofrece unha divertida e tecnolóxica historia de divas e fans obsesivas, artistas alternativas e mánagers aproveitados,

”A Terra desde unha mirada alieníxena.

Creación e interpretación: Lara Álvarez e Elsa Comesaña

Asistencia á dirección: Gena Baamonde

Música orixinal: Lara Álvarez, Elsa Comesaña

Creación escénica: Aterradas

Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a fiot.microteatroentrada@gmail.com indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.