Día
Sábado 24 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
upa! Espazo barefoot

Capacidade
15 persoas

Duración
10 minutos

Público
Todos os públicos

A vergonza tende a medrar e a engulir canto atopa diante. Cómpre afouteza para facerlle fronte, para rachar ataduras, para liberarse, para ser e deixar saír a humanidade que permanecía escurecida e abafada.

Nesta creación, a artista busca deixar atrás eses límites e darse permiso para ser con liberdade. O proceso convértese nun diálogo co que a rodea, no que cada experiencia a transforma mentres habita as súas múltiples peles e deixa falar todas as súas voces.

Pernas e pes tomarán o Espazo barefoot. Neste só de danza de danza contemporánea da bailarina, performer, artista visual e directora de cinema documental Alicia López Méndez, a creadora atopa na danza tradicional un camiño cara á memoria e un vínculo cun pasado que continúa vivo e forma parte da identidade galega.

Só cando se deixa atrás o medo é posible amosarse tal e como un é.

Creación e interpretación: Alicia López Méndez

Música orixinal: Alicia López e Maxime Jean Bruno Lacaze

Vestiario: D’aquela

Con apoio de: Cruceiro Paraíso 2024 do Colectivo RPM

A través da colaboración do FIOT con Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, unha das pezas do Certame de Micro-escenas M2 será seleccionada para a súa exhibición en Culturgal 2026.