Día
Sábado 17 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Buy & Sell Segunda man

Capacidade
10/15 persoas

Duración
20 minutos

Público
Todos os públicos (+12 anos)

A tenda de segunda man Buy & Sell organiza as súas xornadas anuais de poxas. Xoán pon á venda trebellos da casa do seu avó, recentemente falecido. Os obxectos atopan —ou non— un novo dono, e nós descubriremos a historia dunha familia rota por unha herdanza e a dun home que trata de comprender o acontecido mentres carga co peso das lembranzas.

Que vivencias gardan os obxectos aos que damos unha segunda vida?  A peza creada por Jimmy Núñez convídanos a reflexionar sobre a nosa relación co consumo.

Que acontece cando a cobiza se antepón?

Autoría, dirección e interpretación: Jimmy Núñez

A través da colaboración do FIOT con Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, unha das pezas do Certame de Micro-escenas M2 será seleccionada para a súa exhibición en Culturgal 2026.