Día
Xoves 15 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
30 minutos
Público
Adulto
Entrada
Acceso gratuíto
Día
Xoves 15 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
30 minutos
Público
Adulto
Entrada
Acceso gratuíto
Sobre o espectáculo
Entre concerto e conferencia performativa, este estudo simbiótico entre arquivo e performance conta co acompañamento musical de Gabi Reboredo e convídanos a ler con outros ollos os materiais da nosa memoria folclórica, os arquetipos e a instrumentalización da identidade das músicas, as danzas e o folclore levadas a cabo durante o réxime franquista e a súa proxección sobre os modos contemporáneos de reproducir culturas enxebres.
Esta é a primeira mostra do traballo en proceso do proxecto do artista e investigador Álvaro Corral, froito da residencia de creación realizada no Pazo da Cultura durante o verán, coa colaboración da Concellaría de Cultura a través do Programa de Residencias Paraíso 2026 promovido polo Colectivo RPM.
Os estudos e prácticas artísticas de Álvaro Corral propoñen novos puntos de vista desde os que repensar os marcos de pensamento oficiais e como as prácticas tradicionais galegas, en particular, se poden reactivar como ferramentas críticas, poéticas e disidentes. Os seus traballos formaron parte de importantes centros de arte.
”Entre muiñeiras, bordados, noticiarios cinematográficos e ditadura.