Día
Sábado 17 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
90 minutos
Público
Adulto
Día
Sábado 17 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
90 minutos
Público
Adulto
Sobre o espectáculo
Mujeres Libres foi unha organización anarcosindicalista que fixo tremer os cimentos da sociedade en tempos da Guerra española do 36, defendendo a emancipación feminina, o antifascismo e a revolución social.
Neste tempo saturado de narrativas de colapso e distopía, a galega Esther Carrodeguas reivindica a potencia da utopía alegre a través dun cabaret anarcosicalíptico, cheo de humor corrosivo, música e cancións, traendo ao presente a esas mulleres ousadas e rebeldes que, en pleno caos bélico e patriarcal, desafiaron as normas e comprometéronse coa liberdade e a igualdade, desde a alegría.
Alba Flores encabeza o reparto desta vitalista proposta dirixida polo prestixioso Andrés Lima que racha co colapso da imaxinación política no que nos atopamos.
”Que queda hoxe daquela rebeldía, daquela alegría de vivir e daquela vontade de cambiar o mundo?
Ficha
Interpretación: Alba Flores, Laura Galán, Nüll García e Eva Valdelomar
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Composición musical e espazo sonoro: Jaume Manresa
Deseño iluminación: Pedro Yagüe
Dirección musical: Pepe Alacid
Autoría: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Andrés Lima
Producción en colaboración co comisionado para a celebración dos 50 anos de España en liberdade.