Día
Sábado 3 de outubro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Duración
112 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

Que sucede cando a memoria comeza a esvaecerse? A partir de A derradeira leición do mestre, o emblemático cadro de Castelao, Chévere constrúe unha peza de teatro documental que explora a relación entre a memoria persoal e a memoria colectiva. A historia dunha muller que intenta reconstruír os recordos perdidos tras sufrir un ictus  convértese nunha viaxe cara a un pasado cheo de preguntas sobre o esquecemento, a identidade e a nosa historia recente. Documento e ficción, testemuño e teatro entrelázanse para lembrar que unha sociedade que esquece corre o risco de perder tamén parte de si mesma se non supera os seus traumas.

Premio Nacional de Teatro en 2014, Chévere leva décadas desenvolvendo unha linguaxe escénica propia na que dialogan investigación, creación contemporánea e compromiso social.

”Como se constrúen - e como se disputan- as narrativas da memoria?

Ver medidas de accesibilidade

Esta é unha obra accesible e inclusiva, que integra a lingua de signos e a audiodescrición en directo desde o escenario e conta coa participación en escena dun actor xordo. Durante o proceso de creación contouse coa participación e asesoramento de persoas xordas, cegas e con dano cerebral.

As medidas de accesibilidade que achega a compañía son:

  • Lingua de signos integrada (LSE): todos os contidos da obra son signados en escena por actrices e actores.
  • Audiodescrición para persoas con discapacidade visual: unha voz narradora fai en directo e desde o escenario toda a audiodescrición, que se integra na propia narrativa da obra. Todas as voces e sons están amplificados con micrófonos de voz e de ambiente. Por tanto, non é necesario o uso de auriculares e petacas. Esta audiodescrición narrativa tamén axuda a seguir a obra a persoas con problemas de salud mental, TEA, discapacidade cognitiva e dano cerebral.
  • Recoñecemento táctil previo á función: a compañía ofrece a posibilidade de organizar unha visita táctil para persoas con discapacidade visual, guiada polo elenco, unha hora antes do inicio da función e antes da entrada do público. A visita táctil pode solicitarse en fiot.carballo@gmail.com.
  • Programa de man en Braille: ofrecemos varios exemplares con información en braille para uso durante a función, que deberán ser devoltos ao rematar.
  • Cadro táctil: a compañía dispón dunha reprodución táctil do cadro que serve de fío condutor da obra para uso das personas cegas que o queiran recoñecer antes da función. Ademais, ofrécese unha audioguía de apoio.
  • Programa da obra de Lectura Fácil. Facilítase código QR para descargalo.
  • Nota audiodescritiva previa: con información de contexto, a través dun código QR.
  • Todas as voces e sons están amplificados con micrófonos de voz e de ambiente, para mellorar a escoita de persoas maiores ou persoas con perdas auditivas.

Interpretación: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira

Vestiario: Uxía P. Vaello

Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo

Deseño de son e iluminación: Fidel Vázquez

Deseño 3D: Xabier Vilas

Adaptación a LSE: Carla Méndez

Asesoramento para persoas cegas: Paula Varela

Escenografía, idea e creación: Chévere

Dramaturxia e dirección: Xron

Coprodución co Centro Dramático Nacional.

Intérprete de signos Interpretación en lingua de signos, audiodescrición en directo.