Día
Domingo 19 de outubro 2025
Hora
12.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Día
Domingo 19 de outubro 2025
Hora
12.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Sobre a actividade
Conversa ao redor da estrea en Galicia do espectáculo de da Cía. Lucas Escobedo en coprodución coa Compañía Nacional de Teatro Clásico Farra no FIOT34.
Festa, celebración, cultura e comunidade encóntranse durante o tempo de carnaval de 1568 ou de 1668 ou de 2025. Durante o entroido todo é posible: as normas cambian e o mundo réxese por paradoxos. Un grupo de cómicos esperan a ansiada visita do rei Felipe. Entre danzas, versos, cantos, xogos e celebracións, abren a porta á festa, á música, á maxia, á acrobacia e á comedia. A modo de cabaré barroco, viaxaremos con eles por un Século de Ouro que tende pontes coa actualidade.
O espectáculo reivindica a celebración, a cultura e a comunidade fronte á hiperactividade e á velocidade dos tempos. A súa importancia para desenvolver a imaxinación, nutrirse do noso patrimonio cultural, e, sobre todo para emocionarse e rirse.
Unámonos á Farra e gozemos públicos de todas as idades co espíritu de experimentación e co risco da compañía do artista multidisciplinar Lucas Escobedo, que se aliou coa Compañía Nacional de Teatro Clásico para fundir os seus sinais de identidade, o circo, o teatro, a música en directo e o humor, co verso e coa tradición barroca. Ademais de colleitar éxitos nos escenarios de toda España o traballo foi recoñecido co Max ao Mellor Espectáculo Musical 2025.
Sobre Dani Galindo
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Málaga e Máster de Periodismo Radiofónico pola Universidad Complutense e Radio Nacional de España. Comeza elaborando contidos editoriais de lecer e cultura en medios dixitais como LaNetro.com, Canal 21 ou eDreams.
Vinculado desde 2001 á radio pública, traballa en programas como “Mundo solidario”, “De película” e “El ojo crítico”, así como en informativos desde a Área de Cultura, colaborando con espazos de RNE, TVE e RTVE.es.
Puxo en marcha espazos de cine e artes escénicas, como “Contando historias”, en Radio Exterior, ou “Tendencias” e “En escena”, en Radio 5 Todo Noticias. Desde 2012 dirixe e presenta “La sala”, durante dúas tempadas en Radio 3 e desde setemebro de 2014 en Radio Nacional, Radio 5 e Radio Exterior.
Farra
Participan: Lucas Escobedo (artista, director e dramaturgo), Raquel Molano (artista e directora e compositora musical), Irene Coloma (artista) e Alfonso Rodríguez (artista)
Modera: Dani Galindo