Data
Do 24 de setembro ao 12 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura (Sala de exposicións)
Data
Do 24 de setembro ao 12 de novembro 2025
Espazo
Pazo da Cultura (Sala de exposicións)
Sobre a actividade
Proxecto fotográfico sobre o FIOT que se realiza desde hai 10 anos, ofrecendo unha visión íntima e persoal do Festival.
Cada ano, un grupo de fotógrafos realizan unha sesión fotográfica durante a estancia dunha compañía no Pazo da Cultura, para captar a actividade que permanece oculta ao público (montaxe, ensaios, maquillaxe, vestiario,..). Con este traballo realizarase unha exposición que formará parte do programa da seguinte edición.
Zoom FIOT 2024
Ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos enmarcados na anterior edición do FIOT, a través dunha selección de imaxes que capturan a esencia e parte das raíces ocultas do Festival, inmortalizando momentos únicos que o público non soe ver.
Os fotógrafos participantes nesta exposición son: Criss Becerra, Raúl Lorenzo, Marcos Rodríguez, Esther Chamoso, Daría García, Fernando Lema, Fabiola Lorenzo.
”Unha ollada ao corazón do FIOT.