Día
Xoves 1 de outubro 2025
Hora
11.00h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Todos os públicos
Día
Xoves 1 de outubro 2025
Hora
11.00h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
O alumnado de secundaria coñecerá en primicia este espectáculo que achega ao público de hoxe a regueifa: a súa historia, o oficio e o mundo desta ancestral expresión cultural, combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro. Improvisación, humor, música, teatro e a “chispa” e espírito festivo propio da regueifa configuran un espectáculo total!
Carballo e Bergantiños son recoñecidas pola riqueza do seu patrimonio cultural inmaterial e, en particular, do oral, que forma parte da nosa identidade. En Carballo, a regueifa mantense viva cos regueifeiros tradicionais e con proxectos de revitalización. O FIOT non pode ser alleo a explorar este Territorio Regueifa, unha inédita e ambiciosa proposta escénica que pon en valor este xénero artístico que consiste en manter unha disputa dialéctica improvisada en verso entre varios participantes e que está en consonancia co lema desta edición do FIOT, a raíz como orixe da identidade propia e colectiva.
O FIOT e o Centro Dramático Galego colaboran como coproductores deste proxecto de Ainé, a produtora dirixida por Xosé Antonio Touriñán cunha década de experiencia na creación de espectáculos de artes escénicas pensando no público e comprometidos coa lingua e a cultura de Galicia.
Ficha
Interpretación: Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira
Deseño de iluminación: Gonzalo Porteiro
Escenografía: Carlos Alonso
Autoría e dirección: José L. Prieto
Coproducción FIOT