Día
Sábado 18 de outubro 2025

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Residencia de maiores (Praza de Vigo)

Capacidade
15 persoas

Duración
15 minutos

Público
Todos os públicos

Un estudante chega a unha residencia xeriátrica. Un acordo coa universidade permítelle vivir alí sen pagar alugueiro, a cambio de compartir tempo cos residentes. Mais esta experiencia rematará por mudalo profundamente. Un xiro inesperado, unha aprendizaxe bidireccional, unha ponte entre xeracións.

Inspirada nun feito real acontecido nos Países Baixos, “O novo” conxuga o clown coa emoción, a poesía coa risa, para ofrecer unha peza íntima, sincera e necesaria sobre a convivencia, a escolla e o que significa realmente vivir acompañadas.

Unha historia onde se tecen encontros e se desfán prexuízos, unha chamada a recoñecer no outro a nosa mellor versión.

Vivir non é só pasar o tempo, senón escoller con quen tecer as horas.

Idea orixinal e texto: Ana R. Figueiredo

Dirección: Fran Godón

Interpretación: Dani Blanco

Vestiario: María Dobronich