Día
Sábado 11 de outubro 2025
Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
Espazo
Interfilm Carballo (Av. das Flores,1 baixo)
Capacidade
10 persoas
Duración
15 minutos
Público
A partir de 12 anos
Día
Sábado 11 de outubro 2025
Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
Espazo
Interfilm Carballo (Av. das Flores,1 baixo)
Capacidade
10 persoas
Duración
15 minutos
Público
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Domitila soñaba con aprender a tocar a guitarra. Bailaba soa nas festas da aldea. Escoitaba, sentía, resistía. Unha muller galega que viviu perseguida por apoiar a guerrilla republicana. Unha vida rota pola guerra, mais tamén tecida de arte, afectos e liberdade interior.
Domitila é unha homenaxe escénica á súa memoria e á de tantas outras mulleres silenciadas. Un solo íntimo, sensíbel e comprometido, onde corpo, palabra e música dialogan para dar voz ao esquecemento e traer ao presente un pasado que nos interpela.
Unha proposta que nace do relato oral e da emoción, e que toma forma escénica para lembrar, advertir e resistir desde o artístico. Unha simbiose entre a intérprete e a personaxe, entre o recordo e a creación.
”Porque lembrar tamén é resistir.
Ficha
Músicos en escena: Bernardo Martínez e Fito Ares
Creación e interpretación Amparo Martínez Paz