Día
Domingo 26 de outubro 2025
Hora
18.00 h
Espazo
Centro Social de Verdillo
Entrada
5 €
Duración
70 minutos
Público
Todos os públicos
Día
Domingo 26 de outubro 2025
Hora
18.00 h
Espazo
Centro Social de Verdillo
Entrada
5 €
Duración
70 minutos
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Absurdia é un espectáculo de improvisación, inspirado no teatro do absurdo e na poética do clown, no que os actores dan vida aos personaxes, improvisan diálogos e desenvolven escenas a partir das suxestións do público. Unha fábula que se rí do absurdo da condición humana: da inxenuidade e da vileza, da soidade, da fraxilidade, dos fracasos ou a incomunicación.
Esta compañía pioneira da impro en Galicia está formada polos destacados clowns galegos Daniel Blanco, Arturo Cobas e Antón Coucheiro. A partir de situacións esperpénticas, diálogos delirantes e humor xestual, crean en directo, ante os espectadores, unha obra que combina risa, reflexión e emoción. A obra gañou recentemente o Festival Iberoamericano de Teatro Improvisado celebrado na República Dominicana e o Impro Fest de Alacante.
”Non saben porqué están alí, nin o que lles espera.
Ficha
Interpretación: Daniel Blanco, Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Coreografía: Paula Quintás
Iluminación: Beatriz Rubio
Son: Daniel Blanco
Dirección: Antón Coucheiro e Walter Velázquez