Día
Domingo 19 de outubro 2025

Hora
18.00 h

Espazo
Serradoiro Eucatar (O Tarambollo, Sofán)

Entrada
5 €

Duración
75 minutos

Público
A partir de 12 anos

Quen foi Ricardo III de Inglaterra? Un conspirador? Un monstro? Un asasino sen escrúpulos? Neste divertimento cun punto de vista histórico, de lirismo patético pero no que prima o humorístico, o defunto Ricardo III rebatera a historia negra que cae sobre el debido a un tal William Shakespeare, explorando esta manipulación histórica e cultural.

Entre táboas e serraduras, nun recuncho do serradoiro do Tarambollo, o actor Evaristo Calvo carga coa coroa e abraiaranos cunha interpretación audaz e cómica na que dá vida a múltiples personaxes e reivindica a humanidade do monarca fronte ao cruel retrato coñecido. Acompañaranos ás raíces máis dignas e máis ridículas do corazón humano.

Este clásico deconstruído e desfiañado é o proxecto máis persoal de Evaristo e no que leva inmerso varios anos e para o que se acompañou dun diverso equipo e contou coa coprodución do Centro Dramático Galego.

Ata os reis teñen os seus días malos... e as súas mortes peor aínda.

Interpretación: Evaristo Calvo

Espazo escénico: Marta Calvo

Espazo lumínico: Octavio Mas

Asesoría histórica: Cristina Mourón

Adestramento creación: Ana Vallés

Mirada externa: Alessandra García

Textos e dramaturxia: María Lado, Evaristo Calvo, Antón Coucheiro e William Shakespeare

Dirección: Antón Coucheiro e Evaristo Calvo