Día
Domingo 12 de outubro 2025
Hora
12.30 h
Espazo
Praia de Razo (zona do parque infantil)
Entrada
5 €
Duración
50 minutos
Público
Público adulto
Día
Domingo 12 de outubro 2025
Hora
12.30 h
Espazo
Praia de Razo (zona do parque infantil)
Entrada
5 €
Duración
50 minutos
Público
Público adulto
Sobre o espectáculo
Unha viaxe ao pasado do noso mar a través de relatos reais e de cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios ocorridos na Costa da Morte que nos levan a lembrar aos que faleceron nestes accidentes e tamén aos que quedaron na terra: as viúvas, os orfos, os que socorreron…
Co noso mar de Razo como singular e fermoso escenario, gozaremos desta proposta multidisciplinar na que potentes imaxes e proxeccións, música e cantigas acompañan a relatos que falan da nosa orixe e da realidade que nos rodea, da nosa tradición oral e tamén da nosa memoria.
Esta obra está coproducida polo Centro Dramático Galego e a súa creadora é Mariña Lestón, que contou co apoio dun amplo e potente equipo. A fisterrá, que medrou escoitando falar de naufraxios na Costa da Morte, procura unha linguaxe propia en diálogo coa realidade e identidade galega.
Ofrecémosche a oportunidade de mergullarte por completo nesta experiencia sensorial e emocional, participando na ruta pola costa que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova, que terá lugar o mesmo día e que rematará co inicio do espectáculo.
Máis información e inscrición na ruta de sendeirismo pola costa Razo-Baldaio para protexer organizada pola Asociación Ambiental Senda Nova.
IMPORTANTE! Este espectáculo é accesible en lingua de signos grazas ao equipo mixto formado por Gema Santos (inérprete) e Ruth Lovera (asesora lingüística xorda).
”Para que as súas historias non caian no esquecemento.
Ficha
Interpretación: Mariña Lestón
Iluminación: Jorge Álvarez
Espazo escénico e vestiario: Carlos Alonso
Imaxe e audivisuais: Anxo Beiro
Proxeccións e vídeos animados: Xaime Beiro
Deseño de son: Anxo Beiro
Asistente vocal: Cristina Domínguez
Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo
Música, dramaturxia e dirección: Mariña Lestón