Día
Venres 10 de outubro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Praza Do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)
Duración
50 minutos
Público
Todos os públicos
Día
Venres 10 de outubro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Praza Do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)
Duración
50 minutos
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Dous amantes do teatro representarán Hamlet con total fidelidade ao orixinal. Ter que facer o traballo dunha ducia de artistas e técnicos, presentalo na lingua de Shakespeare e non ter talento nin habilidades non serán impedimento. Ou si? Se William erguese a cabeza, quizais non estaría orgulloso pero, polo menos, botaría unhas risas.
Esta comedia xestual en clave de clown parodia os grandes clásicos e os estereotipos que os rodean e visibiliza o oficio teatral. Un espectáculo fresco e participativo que combina comedia xestual, clown e un humor accesible e universal.
O clown é o punto de partida na creación de espectáculos da compañía de Gorka Ganso e Cecilia Paganini. O seu traballo é artesanal e contemporáneo e os personaxes son reflexo de todos nós e están cargadas de humanidade. Heroes cotiás, estúpidos e transparentes que nos levan da tenrura á risa.
”Abrése o pano: “To be or not to be!”. Ata aí todo ben.