Día
Venres 26 de setembro 2025

Hora
18.00 h

Espazo
Praza da Cruz Vermella (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Duración
45 minutos

Público
Para todos os públicos

Unha pallasa e moitas maletas. Unha viaxe imprevista que nos leva a un lugar onde esperar deixa de ser aburrido para converterse nun momento de xogo e imaxinación sen límites. Sen palabras, niMú, crea situacións absurdas, improvisadas, cun ambiente poético grazas ao compañamento en vivo dun violonchelista.

Equilibrios, clown, danza, e xogo co público é a proposta da compañía de Xandra Gutiérrez que chega ao FIOT da man de Camiño Escena Norte, un proxecto liderado por Escena Galega xunto con outras asociacións de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago, co que o FIOT colabora desde o seu inicio.

Unha pausa antes de volver ao frenético viaxe que nos levou cara ningunha parte.

Interpretación e autoría: Xandra Gutiérrez e Iván Casado

Vestiario: Yolanda Urkiza

Escenografía: Carlos Monzón

Coreografía: Lucrezia Maimone

Mirada Externa: Pablo Ibarluzea

Dirección: Leandre Ribera