Día
Sábado 27 de setembro 2025

Hora
21.00 h

Espazo
Casino 1889

Entrada
5 €

Público
Público adulto

A avoa de Marita sempre dicía que tardara en falar… pero que, cando arrincou, o que lles preocupa é que non dera calado… sobre todo porque contaba moitas das cousas que escoitaba! Pero é que, claro, hai cousas que merecen ser contadas: ben porque os presenciou en directo ou ben porque llas confiaron os protagonistas. Así nacen os contos e as contadas. Neste caso, unha e pequena, coma ela.

Historias propias e alleas, contadas con moito ritmo, retranca e humor fresco.

De orixe bergantiñá, Marita é actriz, improvisadora, cómica, e monologuista autora dos seus propios textos, que leva anos compaxinando a docencia co teatro profesional e co audiovisual.