Día
Venres 26 de setembro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Café Colón
Entrada
5 €
Público
Todos os públicos
Día
Venres 26 de setembro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Café Colón
Entrada
5 €
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Un dente de león a voar, un neno que corre a tocar un arco da vella, un amor fugaz nun tren, un pensamento que se transforma en chamada… Iso é Feitizo. E tamén é este espectáculo do mago Álex, que mestura maxia de salón e de preto, humor, poesía, participación, interacción co público e retranca galega nun cóctel que che vai deixar coa boca aberta e o corazón quentiño. Un poema coa maxia en verso e a trampa asonante.
Non é só maxia. É unha invitación a mirar o mundo co mesmo abraio que cando eramos cativos. É humor que agroma suave, xestos pequenos que fan cousas grandes e un artista que, cun sorriso de lado, xoga a ser ilusionista, poeta e pícaro todo ao mesmo tempo.
Álex Louzao é un ilusionista profesional e artista carballés atrapado pola maxia desde neno que durante a súa carreira artística obtivo o Premio Internacional de Maxia de Portugal e percorreu os escenarios de toda a península na súa busca pola fascinación.
Durante 60 minutos, o público será cómplice de imposibles que se fan realidade: cartas que obedecen, obxectos que aparecen, o azar domesticado e a sorte invocada entre risas. Todo a poucos metros, todo moi de preto, para non perder detalle… nin truco.
Conseguiremos enganar ao tempo? Manipular o destino? Facer o imposible? Depende… de ti, e do feitizo.