Día
Xoves 25 de setembro 2025

Hora
18.00 h

Espazo
Residencia de maiores (Praza de Vigo)

Público
Todos os públicos

Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Agora, por fin, decidiu abrir a porta e volver facer o que máis lle presta neste mundo: a maxia.

Este espectáculo non é só maxia. É unha peza para coñecer a Rogelio, aprender a superar os medos e gozar do circo, dos malabares e da maxia.

Assircópatas é a compañía do pallaso, bufón, improvisador e narrador oral Dani Blanco, que mestura historias reais con ficticias, cun trasfondo social sempre desde o humor.

Esta actuación, adaptada para o FIOT, é un convite especial do FIOT aos usuarios dos centros de maiores de Carballo e da asociación AFABER.

Iso si, que ninguén espere aquí a David Copperfield, nin caixas que cortan xente. Rogelio é máis de truco con cartas vellas, un chisco de confusión e moita verdade. E tamén é un pallaso en recuperación, que non é pouca cousa. Veu dar a súa versión do mundo, co humor que dá estar ao borde da tolemia… e decidir que mellor rir.