Día
Mércores 29 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Acceso gratuíto
Duración
40 minutos
Público
Todos os públicos (+10 anos)
Día
Mércores 29 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Acceso gratuíto
Duración
40 minutos
Público
Todos os públicos (+10 anos)
Sobre o espectáculo
As formas buscaban a elevación idealizada no ballet clásico, combatendo a gravidade e encorsetando os corpos. A comezos do século pasado a mirada cambia e comeza unha contemporaneidade en formatos e linguaxes, ata chegar a transformar o espazo e a darlle a volta aos escenarios.
É a cápsula 1 é a primeira mostra ao público dunha nova produción na que está comezando a traballar a creadora Paula Quintas, unha conferencia en movemento que propón un percorrido vivo e poético pola historia da danza e do circo, entre a disciplina do corpo e a súa liberdade aérea.
Paula Quintas é un bailarina, creadora, coreógrafa e directora artística galega de referencia e cunha linguaxe persoal que explora a danza contemporánea, a verticalidade e a relación do corpo co espazo, sempre na procura de novos modos de comunicar e de compartir co público. No FIOT 33 estreamos o seu espectáculo Multiperspectivas#3.
”Entre tradición e experimentación, do corset clásico á liberdade aérea.
Ficha
Intérprete: Paula Quintas
Deseño audiovisual: Fran Rodríguez Casal
Asesoría circense: Raquel Oitavén e Mércé Solé
Coreografía: Rut Balbís e Paula Quintas
Iluminación: Xacobo Castro Torres
Dirección: Vivian Friedrich, Rut Balbís e Paula Quintas