Día
Domingo 12 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Entrada
5 €
Duración
45 minutos
Público
Adultos e a partir de 9 anos
Día
Domingo 12 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Entrada
5 €
Duración
45 minutos
Público
Adultos e a partir de 9 anos
Sobre o espectáculo
Preguntástesvos algunha vez que levamos dentro? A humanidade leva séculos tentando descifrar os misterios do corpo humano, nós… un pouco menos. Un breve paseo pola anatomía converterase nunha viaxe ao interior do noso interior. Unha lección de anatomía tan breve e delicada coma poética.
Este delicioso e sofisticado xogo escénico combina humor, tenrura e reflexión, mesturando a plasticidade do obxecto co poder evocador da palabra. Cunha mirada próxima e conmovedora, a peza convida ao público a explorar o descoñecido desde o máis próximo: o propio corpo.
El Patio Teatro é unha pequena compañía creada hai xa 15 anos da man de Izaskun Fernández e Julián Sáenz, para achegar ao público historias que xorden da emoción ante o cotiá e da procura dunha linguaxe propia para contalas. A súa singularidade foi recoñecida con múltiples premios nacionais e internacionais, tanto para a compañía, que xa nos visitou hai uns anos, como para esta obra.
”A onde van os corpos cando desaparecen? Que somos? De que estamos feitos?
Ficha
Intérpretes: Izaskun Fernández e Julián Sáenz
Vestiario: Martín Nalda
Iluminación e escenografía: El Patio Teatro
Composición música orixinal: Nacho Ugarte
Autoría, guión, dramaturxia e dirección: El Patio Teatro